miércoles, 11 de marzo de 2009

AMARGO ESPERTAR (Galego)


Que será do meu amor se me falta a noite cativa
Da lúa curiosa e acougada que aluma a miña vida
E nos días de outrora que teño cravados dentro
Recréanse todos os meus amores nos meus pensamentos.
Os abrazo, os bico, dígolles o moito que añoro
E vanse despedindo e marchando todos os meus tesouros
Sorpréndeme a miña sombra durmida en barca de nácar
Mentres cubre a lúa o meu corpo con pingas de prata
Son as bágoas doces do anxo que coida a miña vida
En veladas de auroras tempranas en noites perdidas
O bulicio de paxaros rompe os meus soños de fadas
E o rubor dos ceos conspira roubándome a alma

E esperta do soño chorando escrava e cativa
Resignada e perplexa contando todas as súas feridas.
A palabra que mata dispara os seus dardos ardentes
Que desgarran matando amodo a súa vida doente
Elevando pregaria ós ceos, murmullo diario
Que as nubes recollen e envolven en branco sudario
Agradécelle ós ceos os soños de noites serenas
Pois seguir en silencio ó seu lado é unha condena



Lucía Vilches Moya

Libro: El teatro de la vida

No hay comentarios: