DECLARACION UNIVERSAL DE LOS
DERECHOS HUMANOS: Sesenta y ocho años después.
Día 10 de Diciembre de
1948, se cumplieron los sesenta años de la DECLARACION UNIVERSAL DE LOS
DERECHOS HUMANOS, auspiciados por la asamblea general de las NACIONES UNIDAS,
un acto histórico en el que se pidió a los países miembros que publicaran y
distribuyeran el texto completo y que fuera leído y comentado en las escuelas y
centros de enseñanza.
Libertad, paz y justicia,
las palabras más barajadas en el mundo, son los ideales del contenido de este
documento, teniendo en cuenta la igualdad entre todos los pueblos de la tierra:
(Versión en gallego)
Declaración
Universal dos Dereitos das Persoas
Preámbulo
A liberdade, a xustiza e a
paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade intrínseca e dos
dereitos iguais e inalienables de tódolos membros da familia humana;
O descoñecemento e o
menosprezo dos dereitos da persoa orixinaron actos de barbarie aldraxantes para
a conciencia da humanidade; proclamouse, como a aspiración máis elevada da
persoa, o advento dun mundo no que os seres humanos, liberados do temor e da
miseria, disfruten da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas.
Esencial que os dereitos da persoa sexan protexidos por un ríxime de dereito,
co fin de que a persoa non se vexa compelida ó supremo recurso da rebelión
contra a tiranía e a opresión;
Tamén esencial promover o
desenvolvemento de relacións amigables entre as nación. Os pobos das Nacións
Unidas reafirmaron na Carta a súa fe nos dereitos fundamentais da persoa, na
dignidade e o valor do ser humano e na igualdade de dereitos de homes e
mulleres; declaráronse resoltos a promover o progreso social e a elevar o nivel
de vida dentro dun concepto máis amplo de liberdade.
Os estados membros
comprometíronse a asegurar, en cooperación coa Organización das Nacións Unidas,
o respecto universal e efectivo ós dereitos e liberdades fundamentais da
persoa; e
Unha concepción común destes dereitos e liberdades ó da maior importancia para
o pleno cumprimento de dito compromiso.
A
Asemblea Xeral proclama a presente Declaración Universal dos Dereitos da Persoa
como ideal común polo que tódolos pobos e nacións se deben esforzar, para que
tanto os individuos coma as institucións, inspirándose constantemente nela,
promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e
liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e
internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto
entre os pobos dos estados membros coma entre os dos territorios colocados
baixo a súa xurisdicción.
Artigo 1ª.
Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados
como están de razón e conciencia, díbense comportar fraternalmente uns cos outros.
Artigo 2ª.
Toda persoa ten os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen
distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou
de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica,
nacemento ou calquera outra condición. Ademais, non se fará ningunha distinción
baseado na condición política, xurídica ou internacional do país ou territoiro
da xurisdicción do cal dependa unha persoa, tanto se se trata dun país
independente coma dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo
ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.
Artigo 3ª.
Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa
persoa.
Artigo 4ª.
Ninguín estará sometido á escravitude nin a servidume; a escravitude e a trata
de escravos está prohibida en tódalas súas maneiras.
Artigo 5ª.
Ninguín será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos e
aldraxantes.
Artigo 6ª.
Todo ser humano ten dereito, en tódalas partes, ó reconecemento da súa
persoalidade.
Artigo 7ª.
Todos son iguais perante a lei e teñen, sen distincin, dereito á igual
protección da lei. Todos teñen dereito á igual protección contra todo acto
discriminatorio que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal
acto.
Artigo 8ª.
Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo, perante os tribunais nacionais
competentes, que a ampare contra os actos que violen os seus dereitos
fundamentais recoñecidos pola constitución ou pola lei.
Artigo 9ª.
Ninguín poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.
Artigo 10ª.
Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída
publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para
determinar os seus dereitos e obrigas ou para o exame de calquera acusación
contra ela en materia penal.
Artigo 11ª.
1. Toda persoa acusada de
delicto ten o dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a
súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no que se lle asegurasen tódalas
garantías precisas para a súa defensa.
2. Ninguín será condenado por
actos ou omisións que no momento de se cometer non fosen delictivos segundo o
dereito nacional ou internacional. Tampouco se imporá pena máis grave que a
aplicable no momento de cometer o delicto.
Artigo 12ª.
Ninguín será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, a súa
familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques á súa honra
ou á súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra estas
inxerencias ou ataques.
Artigo 13ª.
1. Toda persoa ten dereito a
circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun estado.
2. Toda persoa ten dereito a
saír de calquera país, incluso do propio, e a voltar ó seu país.
Artigo 14ª.
1. En caso de persecución,
toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a disfrutar del, en calquera
país.
2. Este dereito non poderá ser
invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delictos comúns ou
por actos opostos ós propósitos e principios das Nacións Unidas.
Artigo 15ª.
1. Toda persoa ten dereito a
unha nacionalidade.
2. Ninguín será privado
arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de
nacionalidade.
Artigo 16ª.
1. Os homes e as mulleres, a
partir da idade núbil, teñen dereito, sen ningunha restricción por motivos de
raza, nacionalidade ou relixión, a casar e fundar unha familia; disfrutarán de
iguais dereitos en canto ó matrimonio, durante o matrimonio e no caso de
disolución do matrimonio.
2. Só mediante libre e pleno
consentimento dos futuros cónxuxes se poderá contraer o matrimonio.
3. A familia é o elemento
natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do
estado.
Artigo 17ª.
1. Toda persoa ten dereito á
propiedade, individual e colectivamente.
2. Ninguín será privado
arbitrariamente da súa propiedade.
Artigo 18ª.
Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión;
este dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a
liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual e
colectivamente, tanto en público coma en privado, polo ensino, a práctica, o
culto e a observancia.
Artigo 19ª.
Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito
inclúe o de non ser molestado por mor das súas opinións, o de investigar e
recibir informacións e opinións e o de difundilas, sen limitación de
fronteiras, por calquera medio de expresión.
Artigo 20ª.
1. Toda persoa ten dereito á
liberdade de reunión e de asociación pacíficas.
2. Ninguín poderá ser obrigado
a pertencer a unha asociación.
Artigo 21ª.
1. Toda persoa ten dereito a
participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes
libremente escollidos.
2. Toda persoa ten dereito de
acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país.
3. A vontade do pobo ó a base
da autoridade do poder público; esta vontade expresarase mediante eleccións
auténticas que se haberán de celebrar periodicamente, por sufraxio universal e
igual e por voto secreto ou outro procedemento equivalente que garanta a
liberdade de voto.
Artigo 22ª.
Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social e a
obter, mediante o esforzo nacional e a cooperación internacional, habida conta
da organización e os recursos de cada estado, a satisfacción dos dereitos
económicos, sociais e culturais indispensables á súa dignidade e ó libre
desenvolvemento da súa personalidade.
Artigo 23.
1. Toda persoa ten dereito ó
traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e
satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego.
2. Toda persoa ten dereito,
sen ningunha discrminación, a igual salario por igual traballo.
3. Toda persoa que traballa
ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure,
así como á súa familia, unha existencia conforme á dignidade humana e que será
completada, en caso necesario, por calquera outro medio de protección social.
4. Toda persoa ten dereito a
fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.
Artigo 24ª.
Toda persoa ten dereito ó descanso, ó gozo do tempo libre, a unha limitación
razoable da duración do traballo e a vacacións periódicas pagadas.
Artigo 25ª.
1. Toda persoa ten dereito a
un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o
benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia
médica e os servicios sociais precisos; ten tamén dereito ós seguros en caso de
desemprego, enfermidade, invalidez, viúvez e vellez ou outros casos de perda
dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa
vontade.
2. A maternidade e a infancia
teñen dereito a coidados e asistencia especiais. Tódolos nenos e nenas, nacidos
de matrimonio ou fóra do matrimonio, teñen dereito á mesma protección
social.
Artigo 26ª.
1. Toda persoa ten dereito á
educación. A educación debe ser de balde, polo menos no que atinxe á
instrucción elemental e fundamental. A instrucción elemental será obrigatoria.
A instrucción técnica e profesional haberá de ser xeneralizada; o acceso ós
estudios superiores será igual para todos, en función dos méritos
respectivos.
2. A educación terá como
obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do
respecto ós dereitos da persoa e ás liberdades fundamentais; favorecerá a
comprensión, a tolerancia e a amizade entre as nacións e tódolos grupos étnicos
ou relixiosos; promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas
para o mantemento da paz.
3. Os pais teñen dereito
preferente a escoller o tipo de educación que se haberá de dar ós seus
fillos.
Artigo 27ª.
1. Toda persoa ten dereito a
tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a
participar no progreso científico e nos beneficios que del resulten.
2. Toda persoa ten dereito á
protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razóns das
produccións científicas, literarias ou artísticas das que sexa autor.
Artigo 28ª.
Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional na
que os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración se fagan plenamente
efectivos.
Artigo 29ª.
1. Toda persoa ten deberes respecto
á comunidade, xa que só nela pode desenvolver libre e plenamente a súa
personalidade.
2. No exercicio dos seus
dereitos e no disfrute das súas liberdades, toda persoa estará soamente suxeita
ás limitacións establecidas pola lei co único fin de asegurar o recoñecemento e
o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as xustas
esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade
democrática.
3. Estes dereitos e liberdades
non poderán ser, en ningún caso, exercidos en oposición ós propósitos e
principios das Nacións Unidas.
Artigo 30ª.
Nada na presente Declaración poderá ser interpretado no sentido de que confire
algún dereito ó estado, a un grupo ou a unha persoa, para emprender e
desenvolver actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos
dereitos e liberdades proclamadas nesta
Se asignó un comité
formado por ocho miembros, uno de ellos fue la Sra. Eleanor Roosevelt, esposa
del famoso presidente. Fue aprobada por 48 miembros en asamblea general en
París, ocho miembros se abstuvieron, ninguno en contra, y dos no estuvieron
presentes. Se dice de esta declaración que no es ni obligatoria ni vinculante, aunque debería serlo puesto
contiene las pautas de esencial necesidad para asegurar los derechos básicos:
Libertad, paz y justicia.
Mientras haya hambre en el
mundo, discriminación en atención médica y medicinas, guerras injustas,
comercio voraz, explotación humana y muchos etcéteras, esa magnífica
declaración solo son palabras muy bien pensadas, muy bien escritas, pero muy
barajadas y manipuladas que no se hacen efectivas, el cumplimiento de ellas es
tan remoto como acertar en el juego de azar.
Lucía Vilches